jueves, 21 de marzo de 2024

Día da poesía

Hoxe celebramos o día da poesía cos alumnos dos clubs de lectura de 5º e 6º de Primaria facendo un recital de poesía na biblioteca aos alumnos de Infantil.

As alumnas do club de lectura de 5º recitaron......

"El caballo bayo" de Carlos Murciano



"Platero" de Juan Ramón Jímenez



"La caracola" de Federico García Lorca



Os alumnos do club de lectura de 6º recitaron......

"La canción del pirata" de Espronceda








miércoles, 7 de febrero de 2024

Encontro con Andrea Maceiras

 Os alumnos dos clubs de lectura de 5º e 6º , xunto xo resto dos seus compañeiros tiveron un encontro con Andrea Maceiras para falar do último libro que leran "Burbullas de calma serena"


Os alumnos tiveron a oportunidade de falar con Andrea de todo o que lles supuxo a lectura deste libro e propuxeronlle que fixera unha segunda parte.

Andrea Maceiras

viernes, 2 de febrero de 2024

Candeloria

Celebramos o día da Candeloria cos alumnos do club de lectura con diversas actividades.....

O grupo de 6º fixo un mural e ademais colaborou xunto cos outros grupos en pintar casiñas para os paxaros que hai no noso colexio.

Candeloria


Coa colaboración da profesora de francés e da profesora de lingua galega de 2º de ESO os alumnos puderon facer as súas creps e degustalas na biblioteca.

Facendo creps co alumnado

miércoles, 13 de diciembre de 2023


O día do seu cumpreanos, Anna recibe como agasalloun vello anel cun rubí. A partir de aí -como a Casandrado mito grego- a rapaza comeza a ter soños premonitorios.
Unha noite é transportada desde a súa idílica cabana na montaña norueguesa ata o mundo desolado e agonizante no que vivea súa bisneta Nova, en 2082: o mar incrementara moitos metroso seu nivel e o planeta perdera a maior parte da súa riqueza,o deserto avanzara por todos os continentes, destruíranse numerosos ecosistemas e miles de especies de plantas e animais extinguíranse ou estaban en vías de desaparición. Ao espertar dese pesadelo, Anna e o seu amigo Jonas, xunto co doutor Benjamin, tentarán advertir a humanidade do perigo para evitara catástrofe natural: o abuso do petróleo, a emisión descontrolada de CO2 á atmosfera, a deforestación das superficies arboradas… son moitas as ameazas reais e pouco o tempo para invertira tendencia destrutiva que aboque a un escenario tan apocalíptico. O antigo anel que lle entregaran polo seu aniversario resultará ter máis importancia do que parecía.




miércoles, 15 de noviembre de 2023

Club de 6º

Os alumnos do club de lectura de 6º estiveron coa súa profesora acompañante, Luisa, elexindo libros.
Menuda experiencia.....




 

miércoles, 25 de octubre de 2023

Mellor con biscoito

A nai de Gabriela trouxonos un biscoito para que as nosa reunión semanal do club de lectura de secundaria fose mais doce.
Moitísimas grazas. Estaba delicioso.


 

miércoles, 11 de octubre de 2023

O Nicolasiño

 Volve un clásico para comenzar no club de lectura de 5º


Matilda, Paola, Clara, Mara e Aya son as alumnas participantes no club de lectura de 5º. 

Benvidas rapazas, xa veredes canto imos desfrutar cos libros.